Vai-se conhecer hoje a contagem de votos dos emigrantes e, logo, se o PP fica com ou sem a maioria absoluta. A coisa, no entanto, começa a ganhar contornos tipo "Florida". Espero que não passe daqui:
A Xunta Electoral de Pontevedra decidiu declarar "votos inexistentes" todos aqueles nos que non consta a data en orixo e traen como única referencia a data do aeroporto de Barajas posterior ao 18 de xuño, último día para que os emigrantes puidesen exercer o dereito a voto. O PP anunciou que recorrerá esta decisión.
Un dos avogados do PP, Tomás Iribarren, mostrouse en contra desta decisión da Xunta Electoral provincial porque "hai fórmulas xurídicas como probas testemuñais e diversa documentación para acreditar a data na que se emitiu o voto".Pola contra, o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, aplaudiu a decisión e considera que se axusta a xurisprudencia electoral. "É lóxico que eses votos se consideren inexistentes porque ao non ter a data do país de orixe non se pode garantir inequívocamente que o voto se exerceu dentro do prazo legal", sinalou.
Entretanto, a propósito do fiasco das sondagens à boca das urnas, recebi esta interessante mensagem, que publico com atraso (estive fora):
Tiveches noticia das sondaxes que se fixeron públicaso 19-X, á hora do peche dos colexios eleitorais? Todas daban resultados moi semellantes, cun PP arredor dos 34 ou 35 deputados, claramente derrotado polo conxunto da oposición que acumularía 40 ou 41. Non foi así,como ben sabes.
Resulta revelador de existencia de amplísimas bolsas de voto opaco ou oculto, que até ode agora aquí apenas se daban (nas anteriores autonómicas as sondaxes cravaron os resultados finais, aínda que tamén é certo que daquela a victoria do PP era moi contundente e deixaba pouco espazo á dúvida).
Quizá isto sirva para que os institutos de opinión empecen a re-pensar o xeito de facer sondaxes eleitorais, e a tratar de ver como minimizar as marxes de erro na interpretación dese voto indeciso e na difícil asignación de escanos a partir do método D'hondt, onde unha mínima variación na porcentaxe devoto prevista pode transformar radicalmente os valoresdos cocientes. Como resolver ese problema? "Dificil cuestión esa é",que diría Yoda, o de "Star wars"...
segunda-feira, junho 27, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário